Renóvase por catro anos máis a declaración da ría de Pontevedra ´zona sensible´ outorgada en 2001

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o domingo, xullo 14, 2013
Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 14.07.2013

A ría de Pontevedra está declarada como "zona sensible" desde 2001, unha catalogación que a Xunta debe renovar cada catro anos mentres se manteñan as condicións en canto a contaminación. Esta declaración supón que os parámetros de control son máis esixentes que noutras zonas. A última destas prórrogas outorgouse en 2009, polo que caducaba este ano. Por iso, a Xunta decidiu renovar por catro anos máis, até 2017, esa declaración, unha categoría que hai unhas semanas tamén obtivo o encoro do Pontillón, entre outros de Galicia.

No acordo de prórroga Augas de Galicia detalla que "fai falta manter tal designación" na ría de Pontevedra e é que a pesar dos avances dos últimos anos en control de verteduras enténdese que aínda persisten os perigos que levaron a esta declaración en 2001.

No entanto, a situación mellorou de forma substancial no últimos seis anos tendo en conta que Augas de Galicia tiña detectados a principios de 2010 un total de 266 verteduras no cinco municipios da ría, dos que 40 puntos eran contaminantes mentres que en 2007 eran 105 as verteduras contaminantes. En 2012 xa se logrou rebaixar de forma notable todos eses parámetros xa que o número de "puntos negros" era só de 24, unha cifra que se reduciu aínda máis nos últimos meses.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Renóvase por catro anos máis a declaración de ´zona sensible´ outorgada en 2001