O Concello valora a contratación dunha asesoría externa

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, novembro 29, 2014

Moldes critica a xestión municipal sobre o emprazamento e di que non se sumará á comisión de traballo "se é para defender Pampaído"

Redacción Faro de Vigo | David Guimarey, Poio 29.11.2014

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, anunciaba onte a posibilidade de contratar os servizos dunha asesoría externa para facilitar o traballo da comisión de traballo que espera constituír o vindeiro mércores cos representantes dos colectivos. O obxectivo é expor unha proposta alternativa a Pampaído na Xunta.

"Estamos abertos a realizar esa contratación que faga un estudo do terreo do Concello para ter unha opinión técnica de especialistas no medio ambiente", sinalaba Sobral. O primeiro edil considera positivo ter un informe independente que puidese avalar os traballos da comisión. O alcalde recoñeceu Pampaído como "o lugar tecnicamente máis adecuado" e indicou que a defensa do lugar "non é un capricho" e lembrou que a Xunta o descarta por motivos políticos".

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  O Concello valora a contratación dunha asesoría externa