O Estado ve «moi implicada» á Xunta coas depuradoras da ría de Pontevedra

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, xaneiro 31, 2015
Redacción La Voz de Galicia | Pontevedra 31.01.2015

O secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos, manifestou, en resposta ás críticas da senadora socialista Angeles Marra, que o Ministerio de Medio Ambiente ve «moi implicada» á Xunta na resolución do conflito sobre a depuradora de Poio-Sanxenxo, mentres que tamén cre que pon «un máximo interese» na problemática da EDAR dos Praceres.

Ramos sostivo que o Estado non ten nada que facer na polémica sobre as depuradoras da ría pontevedresa, a pesar das críticas da senadora socialista que lle lembrou a ameaza de sanción da Comisión Europea.

Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal:  O Estado ve «moi implicada» á Xunta coas depuradoras da ría de Pontevedra.

Categorías: