A EDAR de Raxó podería acabar en Samieira

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, xullo 21, 2012
Redacción La Voz de Galicia | Alfredo López Penide, Pontevedra 21.07.2012

Quince anos despois de que se desen os primeiros pasos para situar en Raxó unha estación depuradora de augas residuais e de chegarse a construír unha planta de pretratamento nesta parroquia de Poio, esta infraestrutura podería terminar situándose en Samieira. Así o sosteñen os veciños, quen sosteñen que o emprazamento elixido atópase entre as praias de Laño e O Caeiro e «a menos de douscentos metros das vivendas».

Polo momento, este martes, os «peritos de Augas de Galicia estiveron a medir o recinto e os accesos ao lugar proposto polo Concello para situar a obra», engadiron estas fontes.

Luciano Sobral, alcalde de Poio, asegurou onte que descoñecía que xa houbese unha decisión firme por parte da Xunta para situar a depuradora. Engadiu que, previsiblemente, esta semana que entra manterán unha reunión con Augas de Galicia, cuxos técnicos «sabemos que están a buscar alternativas a Raxó».

En calquera caso, o certo é que na contorna de Samieira xerouse un forte rexeitamento social contra este proxecto que frutificou no nacemento do colectivo 'Non Á Depuradora En Samieira', que denuncia o «escurantismo» e a falta de información por parte das autoridades municipais.

«Consideramos que é unha decisión tomada arbitrariamente, sen sentido e tremendamente irresponsable», precisou un portavoz. As críticas céntranse, por unha banda, en que non se puxeron en contacto cos veciños e, por outro, na convicción de que a EDAR terá un impacto moi negativo en toda a contorna: «Na elección do emprazamento primou o práctico por encima do benestar e a calidade de vida dos cidadáns». Así mesmo, aludiu a cuestións ambientais.

Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal:  A EDAR de Raxó podería acabar en Samieira
Categorías: