Augas de Galicia proxecta construír a depuradora no litoral de Samieira

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o sábado, xullo 21, 2012

A instalación situaríase xunto á praia do Caeiro e cubriría o saneamento de Samieira, a parroquia de Raxó e unha parte de Dorrón. A iniciativa provocou un gran rexeitamento veciñal.

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 21.07.2012

A Xunta de Galicia elixiu a contorna da praia do Caeiro (en Samieira) para construír a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) coa que se pretende cubrir as necesidades de saneamento da parroquia, de Raxó e dunha parte de Dorrón.