A plataforma "antidepuradora" forza unha reunión co Concello

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o xoves, xullo 26, 2012

Tres representantes do colectivo acudirán hoxe ao Concello para entrevistarse co alcalde e pedirlle que atenda aos veciños

Redacción Diario de Pontevedra | Marina Abilleira, Poio 26.07.2012

A plataforma contra a construción dunha depuradora na contorna da praia do Caeiro (Samieira) quere que o Concello aclare o estado do proxecto e defina, dunha vez por todas, cal é a súa postura ao respecto.