As protestas dos veciños e veciñas de Samieira contra a EDAR na Televisión de Galicia

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o mércores, agosto 28, 2013
Redacción Samieira Dixital | Poio 28.08.2013

Os informativos da Televisión de Galicia recolleron hoxe as protestas dos veciños e veciñas de Samieira en contra da localización dunha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) entre as praias do Caeiro e O Laño. O rexeitamento a este proxecto nocivo, molesto e insalubre, cumpriu xa un ano sen solucións que satisfagan a demanda veciñal de levar a planta a un lugar axeitado dende o punto de vista social e medioambiental.

Ver video da nova: Veciños de Samieira en Poio non queren a depuradora de residuais na parroquia

Fonte: Samieira Dixital. Artigo orixinal:  As protestas dos veciños e veciñas de Samieira contra a EDAR na Televisión de Galicia