O Valedor esixe transparencia ao Concello respecto da depuradora de Samieira

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o domingo, outubro 13, 2013

A plataforma de afectados denunciou falta de información ante a institución autonómica

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 13.10.2013

O Valedor do Pobo solicitou ao Concello que, no prazo de dúas semanas, informe á institución autonómica sobre os traballos de procura dun emprazamento alternativo para situar a Estación de Augas Residuais (Edar), unha información que, segundo asegura a plataforma "Non á Depuradora en Samieira", solicitouse ao goberno local até en cinco ocasións entre o 20 de novembro de 2012 e o pasado 9 de setembro.

Esta reacción do Valedor do Pobo prodúcese despois de que o colectivo denunciase a situación e subliñase que a institución local, ao estar a redactar unha novo PXOM, debe precisar os terreos para dotacións, equipamentos e servizos comunitarios, como é o caso da Edar.

Tras estudar as reivindicacións veciñais, o Valedor admitiu as queixas ao entender que existen evidencias dunha conduta inconstitucional. Por iso, requiriu á administración local que aclare, nun prazo de dúas semanas, as causas da falta de respostas ás demandas veciñais.

O colectivo, pola súa banda, acusa ao Concello de non esforzarse en atopar unha solución ao conflito.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  O Valedor esixe transparencia ao Concello respecto da depuradora de Samieirao