Unha incansable loita na parroquia

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, outubro 15, 2013
Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 15.10.2013

Samieira retomou este pasado verán a súa campaña de rexeitamento a unha posible depuradora na parroquia, "ao cumprirse un ano sen solucións á demanda veciñal de levar a planta a un lugar adecuado desde un punto de vista social e ambiental". Os veciños, organizados na colectivo Plataforma Non á depuradora lograron no seu momento paralizar os plans para O Laño.

Así mesmo, lograron arrincar o compromiso das administracións de que se faría noutro lugar. Pero a demora en coñecerse o punto elixido fai que as súas incertezas estean a volver a aumentar.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Unha incansable loita na parroquia
Categorías: