Augas de Galicia sostén que aínda está á espera de que Poio defina a parcela para a EDAR

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o xoves, novembro 21, 2013

A oposición veciñal e do Concello debilita as posibilidades de situala no Laño

Redacción La Voz de Galicia | Marcos Gago, Pontevedra 21.11.2013

O presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, afirmou onte que o seu departamento aínda está a esperar a que o Concello de Poio lle ofreza unha localización concreta para a construción da EDAR de Sanxenxo-Poio. Na súa comparecencia no Parlamento, a instancia da deputada socialista Patricia Vilán, Menéndez sinalou que a localización de Pampaído rexeitouse por razóns técnicas e conflitividade, mentres que daba tamén por rexeitada a localización do Laño pola oposición do Concello de Poio e dos veciños.

Vilán insistiu na súa réplica a Menéndez que a Xunta era responsable da paralización da depuradora e incidiu en que o Concello apostaba por Monte Covelo. O presidente de Augas apuntou que non había ningunha comunicación oficial sobre esta alternativa, pero que, segundo estimacións, suporía un incremento do custo en 1,5 millóns de euros e un aumento nos gastos de explotación de 100.000 euros ao ano.

Fonte: Xornal La Voz de Galicia. Artigo orixinal:  Augas de Galicia sostén que aínda está á espera de que Poio defina a parcela para a EDAR
Categorías: