O Valedor do Pobo comunica de novo a falta de información da depuradora

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o martes, novembro 19, 2013

A plataforma de Samieira censura a negativa do Concello a facilitar datos

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 19.11.2013

A plataforma veciñal "Non á Depuradora en Samieira" acaba de coñecer, por medio dunha nova notificación do Valedor do Pobo, que o Concello de Poio segue sen informarlle. Esta institución admitiu a trámite en outubro a queixa presentada polos veciños e iniciaba as actuacións ante o Concello, requiríndolle que informase as circunstancias que motivaban a "falta de resposta" ás solicitudes de información presentadas por este colectivo veciñal.

O prazo para responder a este requirimento terminou e desde a asociación denúnciase que tampouco esta vez houbo contestación algunha. "A lei estipula que non poderá negárselle o acceso á información e que os poderes públicos de Galicia están obrigados a cooperar coa Institución", indican desde a plataforma.

"Recibimos con pena e malestar esta noticia xa que non son só as nosas peticións ignoradas sistemáticamente polo Concello senón tamén agora as do Valedor", expoñen. "Esta práctica de escurantismo reiterada do Concello de Poio, ademais de contraria á lexislación, supón unha noticia minguar dos dereitos constitucionais de representación e información que asisten a este colectivo e aos cidadáns", remachan.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  O Valedor do Pobo comunica de novo a falta de información da depuradora