Anova traslada ao Parlamento galego o atraso da depuradora de Poio

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o luns, xaneiro 20, 2014

Afirma que a súa ausencia impide completar o saneamento integral da ría de Pontevedra

Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 20.01.2014

Antón Sánchez García, deputado galego de Anova do grupo AGE, trasladou ao Parlamento autonómico o atraso que acumula o proxecto da Xunta para construír unha depuradora en Poio, actuación que permanece paralizada polos obstáculos para atopar un terreo que sexa aceptado por veciños e administración.

Anova alerta de que a ausencia desta planta, cuxa última localización exposta, en Samieira, xerou unha gran contestación veciñal, impide completar o saneamento integral da ría de Pontevedra, o que provoca, segundo engade, que aínda se manteñan varias zonas C para o marisqueo debido á contaminación por fecais".

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  Anova traslada ao Parlamento galego o atraso da depuradora de Poio
Categorías: ,