O conflito da depuradora volve ao Parlamento

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o luns, xaneiro 20, 2014
Redacción Samieira Dixital | Poio 20.01.2014

A organización política Anova, a través do deputado Antón Sánchez García, do grupo AGE (Alternativa Galega de Esquerda), volve levar ao Parlamento de Galicia a tardanza na resolución do conflito da depuradora. A construción desta infraestrutura permanece paralizada dende hai máis de ano e medio por carecer dun proposta adecuada de terreos onde situala.

Pregunta parlamentaria ao Conselleiro Agustín Hernández

O grupo formulou unha pregunta ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que aclare no Parlamento se a Xunta de Galicia contempla construír a depuradora de augas residuais para Samieira, Raxó e Dorrón e cando. O atraso que acumula o proxecto, cuxa última localización exposta foi Samieira, impide completar o saneamento integral da ría de Pontevedra.

Fonte: Samieira Dixital. Artigo orixinal:  O conflito da depuradora volve ao Parlamento
Categorías: ,