UPyD en Pontevedra considera fundamental que tanto a Xunta de Galicia como o Goberno central, ambos os do PP, traballen co obxectivo de establecer melloras no tratamento de augas residuais para terminar coa contaminación que sofre a ría de Pontevedra

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o venres, novembro 28, 2014

Estas demandas da formación magenta prodúcense tras a denuncia por parte da Comisión Europea ante o Tribunal de Xustiza da UE polo deficiente tratamento das augas residuais de varias zonas da costa española, entre elas as localidades de Poio, Pontevedra, Marín e Bueu, que verten á ría de Pontevedra, co "indubidable risco para a saúde pública" que isto leva

Redacción Unión, Progreso y Democracia (UPyD) en Galicia | UPyD en Pontevedra, 28.11.2014

UPyD en Pontevedra lamenta que a advertencia por parte da Unión Europea da realización dun adecuado tratamento destas augas residuais urbanas vertidas en zonas sensibles date de fai once anos, pero a inanición tanto da Xunta de Galicia como do Goberno central haxa traído como consecuencia esta denuncia a nivel europeo. Desde UPyD en Pontevedra consideran vergoñoso que en 11 anos non se fixo nada

Representantes do partido magenta na cidade do Lérez piden solucións articuladas nas seguintes accións: por unha banda o acondicionamento da depuradora de Praceres, a instalación de melloras na rede de saneamento tendo en conta que aglutina a área Pontevedra-Marín-Poio-Bueu e o control dos caudais afluentes á EDAR en períodos de choiva.

UPyD en Pontevedra propón que Xunta e Goberno central traballen para emendar os problemas de contaminación na Ría de Pontevedra

UPyD en Pontevedra considera prioritario que se acometan o máis axiña posible estas accións para terminar co grave problema ambiental que sofre a ría, non só porque a contaminación que sofre a zona repercute en actividades como o marisqueo, fundamental e expoñente das nosas rías, se non porque, ademais, supón un risco para a saúde pública, xa que as augas sen tratar poden conter virus ou bacterias nocivas para o ser humano.

Fonte: Unión, Progreso y Democracia (UPyD) en Galicia. Artigo orixinal: UPyD en Pontevedra considera fundamental que tanto a Xunta de Galicia como o Goberno central, ambos os do PP, traballen co obxectivo de establecer melloras no tratamento de augas residuais para terminar coa contaminación que sofre a ría de Pontevedra