O Laño, única praia da ría na que se realizará unha limpeza con motivo do día dos océanos

Publicado por Plataforma Veciñal de Samieira o xoves, xuño 06, 2013
Redacción Faro de Vigo | Pontevedra 06.06.2013

A plataforma veciñal de Samieira desenvolverá este sábado, dentro da semana do medio ambiente e coincidindo coa conmemoración do día mundial dos océanos, unha limpeza na praia do Laño. A acción levará a cabo de forma simultánea coa que están programadas en toda Galicia, que en total se realizarán en 20 areais, sendo esta a única das iniciativas que ten lugar na ría de Pontevedra.

Fonte: Xornal Faro de Vigo. Artigo orixinal:  O Laño, única praia da ría na que se realizará unha limpeza con motivo do día dos océanos